Quique Domínguez ficha polo Mudhar Handball Club de Arabia Saudita

Pontevedra
28 de maio 2018

O adestrador pontevedrés farase cargo a próxima tempada do equipo campión da liga de Arabia Saudita, substituíndo no cargo ao tamén español Fernando Barbeito. "Será una experiencia nueva y seguramente enriquecedora", asegurou Domínguez

Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro
Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro / Mónica Patxot

Despois de pechar a súa etapa como adestrador da Sociedad Deportiva Teucro, Quique Domínguez fai as maletas e afronta un novo reto lonxe de España.

O adestrador pontevedrés fichou polo Mudhar Handball Club, actual campión da liga de Arabia Saudita.

"Tanto en los personal como en lo profesional se me ha presentado una oportunidad muy interesante, creo que puede ser una experiencia muy positiva para mí", sinalou Domínguez despois de que o club saudita fixera oficial a súa incorporación.

Como campión de liga, o Mudhar xogará ademais a Copa de Asia, competición internacional que "es también un gran aliciente en lo deportivo, un gran reto", sinalou o técnico.

Quique Domínguez substituirá no cargo ao tamén español Fernando Barbeito, que lle deu bos informes sobre a maneira de traballar no seu novo club. "No es el club más rico de Arabia Saudí pero tiene una filosofía muy marcada y con muchos jugadores en la selección nacional", explicou o pontevedrés.

Todo un reto ambicioso que "confío pueda ser positivo y me abra nuevas perspectivas", sinalou antes de emprender a aventura no estranxeiro.