Quique Domínguez seguirá adestrando ao Teucro dúas tempadas máis "estemos donde estemos"

Pontevedra
12 de abril 2016

O Teucro aposta por dar continuidade ao seu proxecto de club e anuncia a renovación do seu adestrador independentemente da categoría en que compita o equipo a próxima tempada. "La negociación duró tres minutos", asegurou o técnico azul agradecido pola confianza da directiva "en una situación complicada" a nivel deportivo

Anuncio de renovación de Quique Domínguez como adestrador do Teucro
Anuncio de renovación de Quique Domínguez como adestrador do Teucro / PontevedraViva

A Sociedad Deportiva Teucro aposta pola continuidade do seu proxecto deportivo e decidiu renovar ao seu adestrador Quique Domínguez "por dos temporadas estemos donde estemos".

Así de contundente ratificou a súa confianza no traballo do corpo técnico o responsable da comisión deportiva, José Ameijeiras.  "Se ha adaptado a una filosofía y estamos encantados con su trabajo y el del resto del cuerpo técnico", sinalou.

A negociación "duró tres minutos", asegura Quique Domínguez, que só necesitaba saber que o proxecto de aposta por "xente nova e da casa" se mantiña. O técnico pontevedrés mostrouse ademais agradecido pola confianza mostrada a pesar de que o primeiro equipo acumula case unha volta sen gañar e pelexa pola permanencia na Liga Asobal.

Quique Domínguez: "Me apetece dar las gracias por seguir apostando por un proyecto en una situación complicada"

"No es habitual que con una vuelta sin ganar se renueve al entrenador. Me apetece dar las gracias por seguir apostando por un proyecto en una situación complicada", sinalou Domínguez.

O adestrador prometeu seguir traballando duro para conseguir o obxectivo da permanencia na máxima categoría nacional e mostrouse esperanzado en que "este voto de confianza a la larga se demuestre que es positivo para el club".

Os primeiros contactos do club con Quique Domínguez producíronse no mes de xaneiro, pero ambas as partes decidiron pospoñer a negociación e o posterior anuncio para non desviar a atención da parcela deportiva.