A oferta televisiva para seguir a Primeira RFEF segue a ampliarse.
Dúas novas plataformas, Euskaltel e a galega R, sumáronse á lista de operadores que retransmiten esta campaña a categoría na que xoga o Pontevedra Club de Fútbol.
Desta forma R incorporará a partir desta mesma semana a canle líneal que ofrece 10 encontros por xornada da Primeira RFEF, do mesmo xeito que xa fan Movistar Plus+, Orange TV, DIGI, Zapi TV e MasMedia.
A todos eles súmase a Televisión de Galicia ofrecendo cada semana algún dos choques dos equipos galegos e tamén Laliga+ e FC Play, as únicas que contan con todos os partidos da categoría.
HORARIOS E RETRANSMISIÓNS ATA A NOVENA XORNADA
A canle lineal a que se suma agora R ofrecerá de feito as dúas próximas xornadas do Pontevedra.
Os granates mediranse este domingo 5 de outubro (12.00 hras) ao Talavera en Pasarón e visitarán o domingo 12 (12.00 horas) o Real Madrid Castilla.
Ademais xa está confirmado o horario da oitava e novena xornada, primeiro co duelo na casa fronte a Osasuna Promesas, fixado para o sábado 18 de outubro ás 16.00 horas.
Pola súa banda o derbi contra o CD Arenteiro no Espiñedo fixouse para o domingo 26 de outubro ás 12.00 horas. Este dous encontros só se poderán ver en directo por televisión en Laliga+ e FC Play.