O flamante campión de España de tríatlon de longa distancia, Pablo Dapena, pasou polos micrófonos da Trastienda, en PontevedraViva Radio, para repasar o que foi un ano espectacular para el.
Ademais do ouro no Nacional disputado en Eivissa, foi subcampión nos campionatos de España de distancia olímpica e media distancia. Todo a pesar de que hai algo máis dun ano pensaba en apartarse da alta competición cansado de lesións e da falta de apoio económico.
"No me esperaba nada de esto", recoñece o deportista pontevedrés dun ano no que a única "manchita" foi a súa polémica descualificación no Mundial de longa distancia.
Agora, desde a distancia que achega un pouco de descanso e xa de vacacións oficiais, Pablo Dapena pensa en novos retos: "Puedo seguir haciendo como hasta ahora, ir al triatlón de Vitoria, Guadalajara, Ibiza, Banyoles y seguir ganando pruebas, pero yo creo que tienes que salir de tu zona de confort, pelear por retos que son grandes y un Mundial de 70.3 es algo que me motiva", asegura.
En todo caso buscar a clasificación e chegar a participar nun Campionato do Mundo Ironman 70.3 "sé que no es un coste fácil", explica resignado, xa que será necesario buscar maior apoio en forma de patrocinadores ou axudas.
"Yo pongo todo lo que tengo que son los entrenamientos y todo el trabajo y sacrificio que hay detrás pero sin apoyo económico en estas cosas no se va a ningún lado", asegura Dapena.
Entre os seus plans para 2018 figura tamén defender título no Campionato de España de Longa Distancia que se celebrará en Pontevedra, podendo lucir o dorsal 1 ante a súa familia e amigos. Sempre co Mundial de 2019, que tamén terá lugar na Boa Vila, no horizonte.