O Poio Pescamar confirmou a saída de Rafa Pato tras unha tempada vestindo a elástica vermella.
A pivote ítalo-brasileira pecha así a súa etapa no club despois da súa primeira experiencia no fútbol sala español.
Internacional con Italia, Rafa Pato chegou a Poio tras unha ampla traxectoria internacional. Recentemente participou no Mundial de Filipinas, onde a selección azzurra finalizou en quinta posición.
Durante o seu paso polo equipo conserveiro, a xogadora asinou 14 goles en liga, só superada polos 18 de Ale de Paz e igualada con Débora.
Sumando as súas participacións en Copa Galicia e Copa da Raíña, anotou un total de 17 dianas, o que a situou como segunda máxima goleadora do equipo, empatada con Chuli e unicamente por detrás da capitá Ale de Paz, con 22.
Ademais de goles, Rafa Pato tamén achegou na creación de xogo, con 9 asistencias, sendo a terceira mellor do equipo, só por detrás de Débora (10) e Bravo (11).
A pivote foi convocada en 38 ocasións e disputou 34 partidos (7 deles como titular).