Rafael Louzán, novo presidente da Comisión de Terceira División da Federación Española de Fútbol

Pontevedra
29 de novembro 2020

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, iniciou este venres a súa visita a Galicia. Con parada na sede da Federación Galega de Fútbol, Rubiales fixo público o nomeamento de Rafael Louzán como novo presidente da Comisión de Terceira División e recalcou o seu "esforzo federativo para manter as axudas aos clubes"

Rafael Louzán e Luis Rubiales
Rafael Louzán e Luis Rubiales / RFGF

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, iniciou este venres a súa visita a Galicia. Acompañado polo presidente da Federación Galega, Rafael Louzán emprenderon un traxecto con primeira parada nos campos de San Pedro de Visma, onde foron recibidos pola alcaldesa da cidade, Inés Rey.

No acto, no que tamén estiveron os clubs do municipio, Louzán agradeceu a Rubiales a súa aposta polo fútbol e puxo en valor a boa sintonía entre as dúas Federacións e o compromiso de traballar conxuntamente polo interese xeral do fútbol.

Pola súa banda, o presidente da RFEF fixo público o nomeamento de Rafael Louzán como novo presidente da Comisión de Terceira División da Federación Española e recalcou o seu "esforzo federativo para manter as axudas aos clubs".

Xa na sede da Federación Galega, Rubiales recibiu de mans de Louzán a Medalla de Ouro, a máis alta condecoración da Federación Galega a modo de agradecemento do presidente da Federación Española co fútbol galego.  

Aproveitando o acto, no que tamén participou o Secretario Xeral, Diego Batalla, así coma varios directivos da RFGF, Rubiales fixo entrega dunha camiseta conmemorativa da Selección Española.

Por último, en sede federativa levouse a cabo tamén un sinxelo pero emotivo acto. Aproveitando a visita do máximo responsable do fútbol español, fíxose entrega ao Imperátor dun diploma conmemorativa do seu 75 aniversario, así como dunha camiseta da selección española co número 75 na espalda.