A directiva do Cisne segue sumando efectivos ao seu equipo para poder afrontar con garantías a próxima tempada, na que competirá na División de Honra Prata tras o ascenso logrado a pasada primavera.
Nas últimas horas o club pechou a fichaxe de Ramón Gil, extremo dereito de 21 anos. Procede do Balonmán Lalín, único equipo no que militou ata o momento.
Asegura que chega ao Cisne "para axudar en todo o que poida, gozar desta experiencia e sobre todo para aprender moito do resto".
Trátase, sinalan dende o club, dun xogador cun futuro prometedor e que contaba con numerosas ofertas ante o bo rendemento que ofreceu nos últimos anos. Chegou mesmo a ser convocado polo combinado galego en diferentes categorías.
Con Ramón Gil, son xa tres os reforzos do Cisne para a próxima tempada. Antes que el, se anunciou a fichaxe do pivote Iago Cuadrado e do lateral esquerdo Fabián González.