A San Silvestre volveu vencer ao coronavirus. Xa o fixo no 2020 con carreiras individuais e volve facelo no 2021 dando un pasiño máis cara á ansiada normalidade. Non foi a carreira multitudinaria previa á pandemia, pero si se están reunindo na contorna da Xunqueira de Alba centos de pontevedreses para despedir o ano facendo deporte en familia.
Desde as 10.30 horas e en intervalos de vinte minutos, toman as saída decenas de corredores. Os gorros de Papa Noel e os tradicionais disfraces do Nadal volven este ano a poñer a nota de calor dunha proba que se alongará ata as 17.40 horas.
Este ano a proba trasladouse por razóns de seguridade á Xunqueira de Alba, onde se estableceu un circuíto de 2.900 metros, máis curto do habitual. Aínda así, a San Silvestre máis silvestre volveu ter un enorme éxito de participación superando amplamente os 2.000 corredores.
A solidariedade estivo tamén presente, pois cada corredor entregou á organización un quilo de alimentos non perecedoiros que serán entregados ás entidades sociais da cidade.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.