Raúl Jiménez seguirá un ano máis no Leis

Pontevedra
13 de agosto 2014

O conxunto pontevedrés renova o seu capitán, que afrontará a duodécima tempada no club. ÿ o único supervivente da época dourada do Leis en División de Honra

Raúl Jiménez durante un partido como xogador do Leis contra o Carballiño FS Diego Torrado

O Leis Pontevedra conseguiu reter o seu capitán, Raúl Jiménez, que renovou un ano máis para afrontar a súa duodécima tempada nas filas do equipo lerezano.

Raúl é o único supervivente da época dourada do Leis en División de Honra, pero agora o reto é ben diferente, consolidarse na Segunda División B tras o ascenso da pasada tempada.

Manu Cossío asegúrase así a continuidade dun futbolista importante na rotación e que o último curso sumou 18 goles e 20 asistencias en liga.

Á espera dalgunha incorporación e unha renovación pendente para pechar o plantel, o Leis logrou reter gran parte do bloque que se alzou cos títulos de Liga e Copa de Terceira División.