A Casa da Luz, na Praza da Verdura, foi escenario este xoves dunha recepción oficial do Concello de Pontevedra á canteira do Club Cisne Balonmán.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, homenaxearon desta forma aos xogadores infantís, cadetes e xuvenís da entidade que preside Santiago Picallo.
A recepción prodúcese tras os campionatos e subcampeonatos galegos conseguidos polo club.
Precisamente esta homenaxe chega cando o Cisne afronta durante a fin de semana unha cita importante, o sector nacional de categoría xuvenil no que aspira a lograr unha das oito prazas que dan acceso á fase final.
O anfitrión do sector, o SAFA madrileño, Dominicos Zaragoza e Usurbil vasco son os rivais do Cisne na competición que se prolongará ata o domingo 14 de abril.