Recepción municipal ao Poio Pescamar polo seu segundo título de Copa Galicia

Poio
11 de abril 2018

O goberno local de Poio ofreceu unha recepción oficial ao equipo vermello tras lograr o segundo título oficial da súa historia

Recepción ao Poio Pescamar polo título da Copa Galicia 2018
Recepción ao Poio Pescamar polo título da Copa Galicia 2018 / Mónica Patxot

Honras ao Poio Pescamar polo que foi o segundo título oficial da súa historia, a Copa Galicia 2018.

O Concello de Poio ofreceu unha recepción oficial ao equipo tras revalidar o título autonómico recentemente na fase final da competición celebrada en Marín.

O alcalde, Luciano  Sobral, e a concelleira de Deportes, Marga Caldas, presidiron un acto no que foron entregando un pequeno detalle a cada unha das xogadoras.

Ademais rendeuse homenaxe ao equipo infantil que tamén se proclamou campión da Mini Copa Galicia.

Agora o conxunto vermello céntrase no obxectivo de final de tempada, clasificarse para a Copa de España e tentar chegar lonxe na fase final desta competición.