Foi todo un fito para o club, por iso o logro da Escola Hungaresa de Esgrima no Campionato de España Infantil ben merece un recoñecemento.
As deportistas Pilar Garnelo e Ángela Nogueira, que xunto a Inés Silva proclamáronse a principios de xuño campioas de España de sabre infantil na localidade madrileña de Galapagar, foron recibidas este martes polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o edil de Deportes, Tino Fernández.
Acompañadas do seu adestrador, Adrián Cubela, recibiron as felicitacións dos responsables municipais e os ánimos para os seus próximos retos.
A Escola Hungaresa subira noutras ocasións ao podio de campionatos nacionais, pero nunca conseguira unha medalla de ouro como nesta ocasión.
Como recordo do recibimento as novas protagonistas da xesta fosen agasalladas cun lapis USB personalizado co logotipo da concellería de Deportes.