Os tiradores da Escola Hungaresa brillan no torneo de verán de esgrima antiga

Pontevedra
02 de xullo 2021

Os deportistas do equipo pontevedrés lograron unha medalla de ouro e dous de bronce en espada longa, ademais dun bronce e unha prata en espada roupeira

Torneo de verán de esgrima antiga da Escola Hungaresa
Torneo de verán de esgrima antiga da Escola Hungaresa / Escola Hungaresa

A  Escola  Hungaresa recupera, despois de preto de ano e medio sen competicións, a organización do tradicional torneo de verán. Unha competición de esgrima histórica que recrea os combates de espada seguindo as técnicas e tácticas dos antigos tratados de esgrima e enmarcados nas Artes Marciais Históricas Europeas ( HEMA).

No torneo celebrado en Pontevedra participaron 36 deportistas pertencentes a catro salgas galegas: Pontevedra, Vigo, A Coruña e Narón. O evento comezou coa competición de espada longa na que os tiradores locais Carlos Torres e Aitor Fernández chegaron a semifinais para facerse co bronce, mentres que na final, o pontevedrés Manuel Vilariño impúxose ao coruñés Daniel López.por 11 tocados a 8.

Na modalidade de espada  ropera, o pontevedrés Aitor Fernández caeu en semifinais, mentres que Alberto Abal meteuse na final, na que non puido bater Daniel López, polo que tivo que conformarse coa medalla de prata. 

A tempada de competicións finalizou así da mellor maneira posible para a  Escola  Hungaresa, con catro tiradores no podio e conquistando 5 das 8 medallas posibles.