Recta final na tempada do Supermercados Froiz

Pontevedra
18 de agosto 2022

O equipo ciclista pontevedrés regresa á competición tras varias semanas de parón participando no Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo, cita previa a unha rolda por etapas que disputará en Portugal compartindo pelotón con equipos profesionais

O equipo masculino de estrada do Supermercados Froiz participou nas clásicas de Padrón e Valladolid
O equipo masculino de estrada do Supermercados Froiz participou nas clásicas de Padrón e Valladolid / G. D. Supermercados Froiz

Despois dunhas semanas de parón o Grupo Deportivo Supermercados Froiz volve á estrada para afrontar o tramo final da súa tempada.

O equipo pontevedrés reengánchase á competición nunha das clásicas do calendario galego, o Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo que se disputará os días 20 e 21 de agosto.

En concreto o sábado os ciclistas completarán probas de persecusión e elminación e o domingo a carreira finalizará cunha cronoescalada e unha ciurcuitada polo parque do Castro.

Este Gran Premio servirá ao Froiz como test para unha das súas citas máis importantes do ano, a que afrontará a próxima semana en Portugal compartindo pelotón con equipos profesionais no GP Jornal das Noticias, que se disputará desde o 29 de agosto ao 4 de setembro.