Regresou a Milla Solidaria Anedia coa súa novena edición para poñer o foco na diabetes

Pontevedra
13 de novembro 2022

Con saída desde Montero Ríos, a carreira celebrou este ano a súa novena edición con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se conmemora este luns 14 de novembro, e na que participaron máis de 600 persoas, desde os máis pequenos ata atletas federados

Novena edición da Milla Anedia Cristina Saiz

O colectivo Anedia en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra, organizaron este domingo un dos actos habituais para visibilizar a diabetes: a 'clásica' Milla Solidaria.

Con saída desde Montero Ríos, a carreira celebrou este ano a súa novena edición con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se conmemora este luns 14 de novembro, e na que participaron máis de 600 persoas, desde os máis pequenos ata atletas federados. 

A cita deportiva incluíu tamén unha pequena andaina inclusiva polo centro da cidade, nun circuíto homologado que discorreu pola avenida de Montero Ríos e que presentou como novidade unha proba de substitucións 4x500.

A Milla Solidaria Anedia é o prato forte dun programa que se iniciou o mércores co despregamento dunha pancarta no balcón da Casa da Luz, continuou o venres 11 cunha xornada dedicada á diabetes no CEIP Marcón e continúa o domingo 13 e o luns 14 coa iluminación da Casa do Concello con luz de cor azul.

Este ano, ademais, o lema escollido para celebrar o Día Mundial foi "Educar para protexer o futuro", dando importancia a educación en diabetes, nutrición e reclamando formación específica.