Remonta o Arosa en casa do pechacancelas Noia (1-2) nun partido discreto

O Salnés
08 de maio 2016

Con todo decidido para ambos, o Arosa sacou adiante o trámite en casa do pechacancelas e descendido Noia, conseguindo os tres puntos nun partido discreto, tras remontar o tanto inicial dos de San Lázaro

Partido entre Arosa e Noia na Lomba
Partido entre Arosa e Noia na Lomba / Arosa SC - Rubén Abal

Con todo decidido para ambos, o Arosa sacou adiante o trámite en casa do pechacancelas e descendido Noia, conseguindo os tres puntos nun partido discreto, tras remontar o tanto inicial dos de San Lázaro.

O partido comezou cunha ocasión de Cabanyes que sacou Manuel. Sen moito que contar apenas ocasións e menos xogo no primeiro tempo, os de Santi Iglesias adiantáronse pouco antes do descanso (minuto 41), cun golazo de David Alvarez.

No segundo acto o Arosa arranxaría o resultado con dous goles en sete minutos. Adrián Camiño, cun gran remate desde a frontal da área (minuto 60), e Jose Piñeiro, aproveitando unha excelente asistencia de Fran Fandiño (minuto 67), conseguiron remontar o tanto local.

Os arlequinados despedirán a liga a próxima xornada na Lomba noutro partido de trámite, fronte a un Villalbés que tampouco se xoga nada.

Consulta aquí o acta do partido.