Remontada de Jéssica Bouzas para avanzar a segunda rolda do WTA 250 de Cleveland

O Salnés
21 de agosto 2024

A unha semana do US Open, a tenista arousá está a deixar grandes sensacións na súa xira norteamericana. Este martes superou en tres mangas á francesa Varvara Gracheva

Jéssica Bouzas, durante un torneo en Porto - Federação Portuguesa de Ténis
Jéssica Bouzas, durante un torneo en Porto - Federação Portuguesa de Ténis

A unha semana do US Open, Jéssica Bouzas está a deixar grandes sensacións na súa xira norteamericana.

Este luns superou en tres mangas á francesa Varvara Gracheva, número 66 do ranking mundial, para avanzar a segunda rolda do WTA 250 de Cleveland.

A tenista arousá, procedente da fase previa, sobrepúxose ao forte inicio da súa rival, que se adxudicou a primeira manga por 4-6, para levar despois o partido ao seu terreo e coa intensidade que a caracteriza impoñerse nos dous seguintes sets por 6-3 e 6-2, en 2 horas e 14 minutos de xogo.

Agora Jéssica medirase á checa Katerina Siniakova, número 36 do ranking e terceira cabeza de serie no torneo, por un posto nos cuartos de final.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora