Remontada do Peixe Galego para impoñerse ao Cáceres (77-68)

Marín
19 de novembro 2016

Despois de seis derrotas, as dúas últimas axustadas, Peixe Galego recuperou o camiño do triunfo, conseguindo a súa terceira vitoria da tempada á conta dun Cáceres que chegaba á pista da Raña despois de sumar tres triunfos no seu últimos catro partidos, o último deles nada menos que contra Leyma Coruña. A excelente defensa realizada polos de Javi Llorente foi clave para un resultado que se decidiu nun gran último cuarto dos marinenses

Partido entre Peixe Galego e Cáceres na Raña Diego Torrado

Despois de seis derrotas, as dúas últimas axustadas, Peixe Galego recuperou o camiño do triunfo, conseguindo a súa terceira vitoria da tempada á conta dun Cáceres que chegaba á pista da Raña despois de sumar tres triunfos no seu últimos catro partidos, o último deles nada menos que contra Leyma Coruña. A excelente defensa realizada polos de Javi Llorente foi clave para un resultado que se decidiu nun gran último cuarto dos marinenses.

Dous triplos de Nikola Rakocevic puxeron o 8-17 con 7 minutos xogados. Un Cáceres Patrimonio da Humanidade excelente nos primeiros minutos marcaba o terreo nun partido que se antollaba desde a previa moi igualado. Os de Ñete Bohigas viñan de gañar ao Leyma Coruña e poñer as cousas moi difíciles ao Melilla no Javier Imbroda. Un equipo en dinámica ascendente que controlaba o partido desde os primeiros minutos ante un 'novato' na competición. Pero o Marín Peixegalego non baixou os brazos tan rapidamente. As seis derrotas consecutivas non pesaron demasiado e os galegos encomendáronse á súa parella Derksen-Cain que tan bo rendemento están a ofrecer para ir remontando aos poucos cara á vitoria.

Ao descanso chegouse con 34-40 e cos estremeños dominando tanto o marcador como o xogo na pista. Unha canastra de Cain na última posesión do terceiro cuarto puxo o 56-58 e a sensación de que os locais se atopaban máis preto do que pensaban de loitar pola vitoria.

No último cuarto a solución non estaba no ataque galego senón en apertar atrás para pasar do 69-65 ao resultado final, deixando ao seu rival en tan só 3 puntos no últimos catro minutos de xogo. Jason Cain foi o xogador máis valorado con 18 puntos e 7 rebotes polas filas locais mentres que Luís Parejo terminou con 14+4 para unha valoración de 19.

Consulta aquí as estatísticas do partido.