A piscina de Agrupació Esportiva Santa Eulalia (L'Hospitalet de Llobregat) acolleu este sábado o último partido da primeira volta para o Club Waterpolo Pontevedra e o Santa Eulalia, que finalizou con vitoria para o cadro pontevedrés por 10-12.
Pero o triunfo chegou con moito traballo e esforzo, xa que mesmo chegaron a ir perdendo por 6-2 para despois reaccionar e apertar o resultado, enviando o partido ao descanso en 6-4.
Estaba todo por decidir e os dous equipos querían o triunfo. Marcaban unhas e respondían as outras, asinando uns minutos de total igualdade que antollaban un final de infarto pero nos que o Waterpolo Pontevedra foi mellor para pasar dar a volta ao luminoso e pasar dun empate a 10 a gañar por 10-12 grazas aos últimos tantos de Andrea Andión e Carmen Carrera.
Con este resultado, as de Lérez conseguen a súa primeira vitoria a domicilio contra un rival directo pola permanencia e finalizan a primeira volta en cuarta posición con 10 puntos.