Preto está xa o Teucro de pechar a configuración do plantel para o ano do seu regreso á Liga Asobal de balonmán.
O club pontevedrés anunciou este luns a renovación de Iván Fernádez, que aos seus 22 anos cumprirá así a súa quinta campaña no primeiro equipo, no que debutou na 2012/2013.
O canteirán renova por un ano cos azuis, polo que seguirá competindo no extremo esquerdo co capitán teucrista, Carlos García, na que será a súa segunda experiencia na máxima categoría.
Coa renovación de Iván Fernández son 13 os xogadores confirmados no plantel, no que seguirán tamén Jorge García Lloria, Javi Santana, Carlos García, Óscar Silva, Jose Manuel Rial, Borja Méndez, Dani Hernández, Ángel Iglesias, Johnny Medina e Juan Quintas. Esta lista complétana as dúas fichaxes concretados ata o momento, como son o pivote italiano Giuseppe Colasuonno e o lateral brasileiro Bruno de Castro.