Renovación dunha das grandes promesas do Cisne, o pivote Manu Lorenzo

Pontevedra
27 de xuño 2024

O xoven xogador, internacional coas categorías inferiores da Selección Española, seguirá un ano máis no Club Cisne

Partido de liga entre Cisne e Dólmenes Antequera no Municipal
Partido de liga entre Cisne e Dólmenes Antequera no Municipal / Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán pechou a continuidade dunha das súas grandes apostas de futuro, o pivote Manu Lorenzo.

A entidade pontevedresa confirmou este xoves a renovación do xoven xogador para a próxima tempada.

A pesar da súa mocidade, Manu Lorenzo foi gañando protagonismo aos poucos no primeiro plantel, desde o seu debut con só 16 anos na Liga Asobal en outubro de 2022.

Trátase ademais dun talento no que ten posto os ollos a Selección Española, e de feito trras acumular convocatorias internacionais nos últimos meses foi citado agora para principios de xullo polo equipo español xuvenil para preparar a súa participación no próximo Campionato de Europa.

O pivote é a segunda renovación no plantel cisneísta que dirixirá Quiños desde o banco, tras a recentemente anunciada de Gualther Furtado.