Repartición de puntos entre o Tenis de Mesa Monte Porreiro e o Collado Mediano na matinal deste domingo no Príncipe Felipe de Pontevedra.
O cadro pontevedrés foi o primeiro en adiantarse co triunfo de Martín Bentancor sobre Ángel Ayuso por 3-0. Despois chegou a quenda de Nico Galvano ante Alessandro Baciocchi, cedendo o primeiro por 3-1 e empatando o resultado global.
Miguel Ángel Vílchez foi o seguinte en saltar á cancha e cedeu contra widong Shi Tian por 1-3, dando paso ao duelo máis igualado do día entre Nico Galvano e Anxo Ayuso (3-2), gañando o do Monte Porreiro para devolver a igualdade ao resultado global.
Os seguintes enfrontamentos decantáronse un para o lado pontevedrés e outro para o madrileño cun o mesmo resultado para ambos, tres a cero.
Con este empate o TM Monte Porreiro ascende á sexta praza da clasificación igualado a sete puntos co Hortitec Alzira e o Irún Leka Enea, sétimo e oitavo, respectivamente.