Ribadumia, Arosa e Céltiga vencen no seu debut ligueiro; o Villalonga cae en Vilalba

O Salnés
22 de agosto 2016

Tres vitorias e unha soa derrota, é o positivo balance do arranque ligueiro dos equipos da nosa zona en Terceira División. Ribadumia facía bos os prognósticos superando pola mínima a un recentemente ascendido como o Dubra. O mesmo facía o Céltiga, que derrotaba a un rival sempre complicado como As Pontes, mentres que o Arosa comezaba forte gañando en Santa Mariña ao Choco. Peor sorte correu o Villalonga, que no seu regreso a Terceira visitaba un campo sempre complicado como A Magdalena, onde o Villalbés non lle deu opción

Partido entre Ribadumia e Dubra na Senra
Partido entre Ribadumia e Dubra na Senra / Diego Torrado

Tres vitorias e unha soa derrota, é o positivo balance do arranque ligueiro dos equipos da nosa zona en Terceira División. Ribadumia facía bos os prognósticos superando pola mínima a un recentemente ascendido como o Dubra. O mesmo facía o Céltiga, que derrotaba a un rival sempre complicado como As Pontes, mentres que o Arosa comezaba forte gañando en Santa Mariña ao Choco. Peor sorte correu o Villalonga, que no seu regreso a Terceira visitaba un campo sempre complicado como A Magdalena, onde o Villalbés non lle deu opción.

Sufriu máis do esperado o Ribadumia para derrotar ao Dubra. A pesar de que Adrián Camiño estreábase co seu novo club moi pronto, adiantando aos de Sierra aos 14 minutos de xogo, os da Senra non foron capaces de sentenciar e terminaron sufrindo para levar os tres primeiros puntos.

Consulta aquí o acta do partido Ribadumia-Dubra.

Igualdade na primeira parte no Salvador Otero, cun Céltiga que tivo máis ocasiones pero non acertou a adiantarse no marcador ata despois do descanso.

O primeiro gol branquivermello chegaba aos 58 minutos, por medio de David Castro. Logo tocaba sufrir para aguantar o resultado favorable, ata que no último minuto, coas Pontes buscando o empate, os locais sentenciaban cun segundo tanto obra de Adrián Iglesias.

Consulta aquí o acta do partido Céltiga-As Pontes.

Prato forte para comezar a liga en Santa Mariña. Enfrontábanse dous dos teóricos favoritos e aspirantes aos postos altos da táboa e o Arosa de Jorge Otero obtivo unha vitoria de prestixio, que ha de servirlle ademais para darlle unha dose importante de confianza nas súas posibilidades.

Da tensión do partido dá fe o número de cartóns mostrados polo colexiado, cun expulsado por bando. Os arlequinados cimentaron a súa vitoria en apenas cinco minutos no primeiro tempo, cos goles de Eloy Fariña e Sidibé, pero a expulsión por dobre amarela do central arosista Diego Rodríguez (minuto 62) e o gol de Félix Rial ao transformar un penalti (minuto 65), fixeron concibir esperanzas ao Choco.

A posibilidade de remontada esfumouse coa expulsión do porteiro do Choco, Adrián, a falta de 10 minutos para a finalización do partido.

Consulta aquí o acta do partido Choco-Arosa.

Superioridade do Racing Villalbés sobre o Villalonga. O conxunto lucense resolveu o partido con contundencia, con dous goles na primeira metade, obra de Gerardo e Sergio Arias.

Os da Magdalena sentenciaron antes do minuto 70 co segundo gol de Gerardo, poñendo un 3-0 inapelable no marcador, que Núñez recortou no último minuto, facendo o gol do Villalonga.

Consulta aquí o acta do partido Racing Villalbés-Villalonga.