Gran resultado do marinense Roi Bouzas no Campionato de España de Ximnasia Rítmica celebrado en Valencia.
O novo ximnasta do Club In Mare, de só 8 anos de idade, parece non ter teito e na súa primeira participción nun Nacional conseguiu subir ao podio.
Bouzas, que acudía á cita con gran ilusión como flamante campión galego masculino, foi terceiro nos exercicios de cordas e mans libres.
Ademais do pequeno marinense, acudiron representado a Galicia deportistas do Ximnasia Porriño, Compostela e Bayo.
A expedición do Club In Mare, co propio Roi Bouzas e as súas adestradoras Sara Fernández, Mónica López e Rita Grande, gozou da experiencia convivindo con ximnastas e equipos de toda España.