Durante moitos anos a ximnasia rítmica, do mesmo xeito que outras disciplinas que combinan deporte e expresividade artística, parecían vetadas ao xénero masculino, pero prexuízos non van co mozo Roi Bouzas.
O marinense do Club In Mare vai aos poucos derrubando barreiras e superando estereotipos a base de facer o que máis lle gusta.
Desta forma Roi proclamouse a finais de maio Campión Galego Benxamín na modalidade individual masculina de ximnasia rítmica, competindo ante deportistas de clubs como o Ximnasia Porriño, Compostela e Bayo.
Este logro abriulle as portas dun novo e ilusionante reto, o Campionato de España de Ximnasia Rítmica que se disputará do 22 ao 25 de xuño en Valencia.
Todo un orgullo para o Club In Mare e para as súas adestradoras: Sara Fernández, Mónica López e Rita Grande.