Romay ve neste Pontevedra "un equipo para ser ambiciosos"

Pontevedra
09 de agosto 2018

O centrocampista coruñés valora as sensacións positivas que está a ofrecer o equipo durante a pretempada, pero avisa que "no nos podemos relajar" porque o importante é chegar en óptimas condicións ao comezo de liga. Os granates afrontan este venres un novo amigable, en Pasarón ante o Fabril

Álex Fernandez (no centro) con Javi López e Romay adestrando co Pontevedra na Xunqueira
Álex Fernandez (no centro) con Javi López e Romay adestrando co Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

Despois dun inicio de pretempada complicado a nivel persoal, debido a un golpe nun dedo do pé e a molestias físicas, Romay vai aos poucos collendo ritmo e axustándose ao esquema do equipo e ao que espera Luismi e o Pontevedra del.

O centrocampista coruñés enfrontarase este venres (20:30 horas, Pasarón) ao seu ex-equipo, o Fabril, nun amigable que cualifica de "partido de un nivel alto".

"Ya estoy mejor y esperemos poder estar al mejor nivel antes de empezar la temporada", recoñece o futbolista, quen pide prudencia á hora de valorar as sensacións positivas dos primeiros amigables.

"A lo mejor parece que estamos ganando y a veces incluso con facilidad pero eso puede perjudicar. No nos podemos relajar porque están saliendo las cosas bien, y eso es bueno, pero lo importante al final es la liga", defende.

O que non esconde Romay é o nivel que espera este ano na competición, con clubs que "se están reforzando muy bien" e que "parece que están invirtiendo dinero". A pesar diso cre que o Pontevedra ten "un equipo bonito" e aínda que "falta una incorporación como todo el mundo dice pero creo que tenemos un equipo para ser ambiciosos".

ÁLEX GONZÁLEZ SEGUE Á MARXE

A principal ausencia no Pontevedra no choque deste venres ante o filial deportivista será de novo Álex González, con molestias musculares. Aínda que xa máis preto de estar recuperado "hasta que no sienta nada no vamos a dejar que participe", confirmou Luismi, que non quere correr riscos cun dos homes que foi máis decisivo no tramo final do pasado curso.

Tamén Pacheco traballa a menor ritmo estes días, mentres que os canteiráns Iñaki e Antón volveron á dinámica de grupo.

ANTE O FABRIL, DE 8 A 15 EUROS

En relación ao segundo e, polo momento, último choque de pretempada que se disputará no Estadio Municipal de Pasarón, o Pontevedra fixou un prezo de entradas de 15 euros en Tribuna, 10 euros en Preferencia e 8 euros nos fondos (5 euros xuvenil e 3 infantil), os mesmos que no Trofeo Luís Otero.

Ademais, aínda que a través das redes sociais o club granate informou de que o acceso sería gratuíto para os socios, só será así para os que pagasen o  sumplemento establecido na campaña de abonados.