Importante contratempo para o Club Cisne Balonmán, que perde para o que resta de tempada a un dos seus homes clave, o gardameta Roney Franzini.
O porteiro lesionouse nos instantes finais do duelo da pasada fin de semana en Alacante, e tres días despois tras someterse ás pertienentes probas o equipo pontevedrés confimou a peor das noticias posibles, e é que Franzini sofre unha rotura total de tendón de Aquiles, unha grave doenza que o terá afastado das canchas de xoga durante unha longa tempada.
"Estamos contigo Roney! Moito ánimo e forza!", sinalou o Cisne a través das súas canles oficiais ao facer oficial o diagnóstico.
PARTE MÉDICO | Confírmense os peores diagnósticos, o noso cancerbeiro brasileño Roney Franzini sofre unha rotura total do tendón de aquiles.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) February 27, 2024
Estamos contigo Roney! Moito ánimo e forza! pic.twitter.com/Fs6HhkEYFL
O certo é que esta campaña as lesións castigaron con dureza o Cisne, situación que se notou no seu rendemento na División de Honra Prata.
Hai que lembrar que o primeira liña Carlos Ocaña rompeu esta campaña o ligamento cruzado do xeonllo, e o propio Franzini estivo mes e medio de baixa por un importante contratempo muscular sufrido a principios de decembro.
Ademais actualmente Carlos Pombo tamén é baixa por unha rotura no músculo semimembranoso esquerdo, e antes pasaron pola enfermería bastantes semanas homes como Bruno Vázquez, Alejandro Conde ou Rubén Etayo, este último tras fracturarse os ósos do nariz.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.