Rubén Domínguez apela á afección para o tramo final de tempada: "Necesitamos que nos axudedes"

Pontevedra
13 de marzo 2026
Actualizado: 14:01

O técnico do Pontevedra analizou en rolda de prensa o partido deste sábado fronte o Arenas. Ademais, Rubén Domínguez apelou á afección e afirmou que "nos imos a matar até a xornada 38"

Rubén Domínguez na rolda de prensa previa ao partido contra o Arenas

O Pontevedrá disputará este sábado ás 16:15 o encontro correspondente á xornada 28 de Primeira Federación.

Os granates desprazaranse ao campo de Fadura para medirse ao Arenas de Getxo, un equipo que, despois do Pontevedra, "dos recentemente ascendidos é o que mellor clasificado vai e están a xogar un gran fútbol", explicou Rubén Domínguez na rolda de prensa previa ao encontro.

As principais novidades son o alta de Álex González, que esta vez si estará ao 100% na lista de convocados xunto a Compa e Alberto Gil, que volven de sanción.

A única ausencia será a de Diego Gómez, que viu fronte a Unionistas a súa segunda amoestación como xogador do Pontevedra, pero que xa arrastraba tres amarelas da súa etapa no Cartaxena que lle obrigan a cumprir ciclo.

Sobre o rival desta fin de semana, o técnico ourensanó afirmou que "é un equipo cun estilo moi marcado a nivel ofensivo, a nivel defensivo, gústalle ser propositivos, gústalle ser apretadores".

A final da primeira volta, o Arenas tivo que abandonar o campo de Gobela (céspede sintético) para xogar en Fadura (céspede natural). Sobre este cambio, Domínguez opinou que "a pesar de que cambiaron a superficie, creo que só perderon un partido aí".

"Polo que nos chegou a semana pasada ou hai dúas semanas si que o campo estaba medio alagado, case a metade do campo vimos nalgunha imaxe, pero bo, adaptarse é o que nos toca cada semana nesta categoría", engadiu.

O Pontevedra atravesa un refacho de cinco xornadas consecutivas sen gañar e cunha clara falta de gol.

Con todo, Rubén Domínguez mantense firme ao explicar que si o equipo estivese décimo a dous puntos do playoff e sen pisar os postos de promoción, quizá habería máis ilusión no ambiente: "Resulta que levamos todo o 2026 de terceiros, levamos 13-14 semanas en play-off". "Parece que non ten valor", sentenciou.

"Creo que estamos a render por encima das expectativas, mirade aos lados, mirade para abaixo, mirade para atrás, todo ao que nos estamos enfrontando", explicou o adestrador do Pontevedra.

E é que Rubén Domínguez foi tallante ao manifestar a súa opinión a cerca do clima negativo das últimas semanas: "Ese clima ás veces de desilusión, de xeira, xeira, xeira de que? Perdemos dous partidos dos últimos 20, somos o Pontevedra, o Pontevedra a un partido vai loitar por gañarlle a todo o mundo, a todo o mundo".

O técnico ourensanó engadiu que "ás veces me sorprende a falta de ilusión que se está sentindo estas últimas semanas cando deberiamos de ser os que máis ilusión temos de todos os 12 que estamos aí. Porque non hai nin un só equipo dos 12 que están aí con menor orzamento que o Pontevedra".

Domínguez pechou o tema afirmando que el non é ninguén para frentar a ilusión da xente e por iso nunca escapa da palabra playoff, pero que "si algún se desilusiona co equipo terceiro, pois que se baixe do barco".

Unha das fortalezas deste Pontevedra reside na súa solidez defensiva. O conxunto granate é o segundo menos goleado do grupo con 20 goles encaixado en 27 xornadas.

Sobre o cambio de sistema a tres centrais, Rubén Domínguez detallou que "nós cando facemos cambios de sistema é para presionar o máis alto posible, porque a pesar de que sexamos un equipo defensivo tratamos de ter a pelota o máis lonxe sempre da nosa portaría".

Non ocultou que o equipo debe mellorar no plano ofensivo, aínda que si recoñeceu que todo é cuestión de gañar un partido: "Ímonos a matar até a xornada 38 e nunca rehuimos a palabra playoff porque estamos ilusionados, nós estamos ilusionados e nós cremos que imos poder brindarvos cumprir ese soño. Pero necesitamos que nos axudedes, non me refiro a vós, refírome á nosa afección, que nos axudedes".

Rubén Domínguez concluíu a súa rolda de prensa previa ao encontro do sábado explicando que nestes once partidos que restan "non hai márxe de erro para ninguén" e que "temos a primeira bóla de partido para pechar a salvación".

Ademais, o adestrador do Pontevedra sinalou que pechar a salvación a estas alturas é "porlle un 9 ao equipo porque queremos ser ambiciosos" e que "a partir de aí saber que hai que sumar entre 13 e 15 puntos máis dos 30 que quedan para poder cumprir o soño".