Rubén Domínguez, indignado tras o gol anulado en Ferrol por "a merda do VAR que acaba co fútbol"

Pontevedra
02 de maio 2026
Actualizado: 20:09

Non escondeu o seu enfadou o adestrador do Pontevedra, que viu como o seu equipo volveu ser prexudicado polo videoarbitraje no derbi fronte o Racing de Ferrol

Rubén Domínguez no partido entre o Pontevedra CF e o Celta Fortuna en Pasarón
Rubén Domínguez no partido entre o Pontevedra CF e o Celta Fortuna en Pasarón / Cristina Saiz

As reaccións polo pólemico derbi entre Racing de Ferrol e Pontevedra non se fixeron esperar. O técnico do conxunto granate, Rubén Domínguez, foi claro nas súas declaracións tras o encontro.

En primeiro lugar expresou o seu malestar ante o penalti sinalado en contra: "Estou moi contento porque a partir de agora teremos tres penaltis por partido a favor, porque a Alain e a Miki quítanlles a camiseta cada día. Entendo que cambiaron os criterios".

Continuou coa polémica, o gol anulado a Compa por unha presunta falta de Luisao: "xa lle atoparon rol aos cuartos árbitros, non pintan máis nada que facer os cambios e pór o cartelón dos minutos de desconto. Xa teñen os seus minutos de protagonismo a cargo da merda do VAR que acaba co fútbol".

A realidade é que a videoarbitraxe tomouna co conxunto lerezano ao longo de toda a tempada de forma certamente polémica. Domínguez asegura que "imos loitar contra todo e contra todos".

"Se nos queren botar dos postos de play-off así van ter que pegarnos catro tiros", afirmou con contundencia. Con este xa son once goles anulados ao Pontevedra no que vai de tempada.

O encontro enfrontou a "dous grandísimos equipos" que protagonizaron un derbi pechado e de poucas ocasións. O técnico ourensán non quixo restarlle valor a un rival que "leva dous anos no fútbol profesional".

"Non conseguimos danar o Racing de Ferrol", admitiu con sinceridade ao explicar que "non é fácil meterlle man, hai que darlle valor ao punto".

Ao Pontevedra lle quedan tres finais, dúas delas como local, para lograr cumprir a ilusión de disputar o play-off de ascenso. Domínguez falou da importancia do choque do próximo sábado fronte o Athletic B e destacou que "temos que facernos fortes na casa".

Tamén se acordou dos 413 afeccionados do conxunto granate que "se fixeron notar" na Malata: "Darlle as grazas ao equipo, darlle as grazas á afección, darlle as grazas ao club, porque creo que estamos todos nunha liña correcta".