Primeira toma de contacto para o Pontevedra CF despois das vacacións de verán. O equipo granate comezou a pretemporada con vitoria ante o Estradense grazas aos goles de Rufo e Iñaki na recta final do encontro, que serviron para regresar con bo sabor de boca do primeiro amigable.
O partido estivo pola choiva e a rapidez do terreo de xogo, que afectou a equipo xogadores tanto dun equipo como do outro. A pesar diso, a afección puido gozar dun partido entretido pero sen claro dominador.
Alberto Rubio era o máis activo para os granates en ataque, xerando a primeira ocasión para o Pontevedra ao provocar o erro do defensor local. Rubio roubou o esférico e cedeu para Álex González, pero o seu disparo desde a frontal foise por encima da portería de Coke.
Despois do paso polos vestiarios, e co empate sen goles no marcador, Ángel Rodríguez cambiou o once, dando entrada a Álvaro Cortés, Pablo López, David Soto, Pacheco, Diego Seoane, Miguel Román, Brais Abelenda, Valentín Jaichenko, Martín Diz, Iñaki e Rufo.
Con eles, o sistema de xogo do Pontevedra seguiu sendo o mesmo, pero esta vez con Rufo como referencia en ataque presionando cada saída de balón rival. El mesmo tivo a ocasión de abrir a lata no minuto 66 cando o colexiado pitou penalti por derriba do gardameta local a Brais Abelenda, pero Cascallar adiviñou a traxectoria do disparo do 9 e o resultado non se moveu.
O técnico granate, con intención de dar minutos a todos os xogadores, substituíu, pouco despois do penalti, a Martín Diz e Seoane por Joel e Jacobo López, últimos futbolistas que quedaban por entrar.
Co sangue fresco no terreo, e a falta de 10 minutos para a conclusión, o Pontevedra puxo unha marcha para buscar o gol. O primeiro chegou no 84 por mediación de Rufo a pase de Joel e, no segundo e definitivo, Iñaki recolleu un balón na frontal, conduciu e bateu ao porteiro a media altura.
Un resultado que "no ha importado nada". Segundo o adestrador granate, Ángel Rodríguez, Estrada foi "lo normal de un partido de pretemporada, con las piernas cansadas en el que por momentos dominas y por otros te dominan".
En canto ao rendemento dos seus xogadores, destacou o traballo duro realizado durante toda a semana que "queda reflejado en el terreno de juego", sobre todo despois da media hora, cando se produciu "un bajonazo de intensidad".