Non puido ser. A aurosana Jessica Bouzas quedou ás portas de coarse entre o oito mellores tenistas de Wimbledon.
Bouzas, que chegaba aos oitavos do final dun Grand Slam por primeira vez na súa carreira, non puido coa rusa Ludmila Samsonova, que derrotou á galega por un dobre 7-5.
Nun partido de altibaixos constantes, a tenista pontevedresa non tivo o acerto necesario nos momentos importantes, sobre todo nun primeiro set no que chegou a ter dúas bólas para pechar o set ao seu favor.
Pero as dobres faltas, con oito en total, foron a gran nota negativa da española, que rozou poder seguir avanzando nun torneo tan exixente como o de Londres
Coñecedora de que a súa melloría debe chegar na constancia e no seu rendemento nos torneos de menor nivel, Bouzas advertiu que que non valía como premio chegar até a cuarta rolda e que a súa ambición era ir máis aló.
Onto the next ➡️
— Wimbledon (@Wimbledon) July 7, 2025
Liudmila Samsonova advances to the quarter-finals of #Wimbledon after a 7-5, 7-5 victory over Jessica Bouzas Maneiro on No.2 Court ⚡️
Still yet to drop a set at The Championships 2025 👀 pic.twitter.com/0nin6byfnZ
Esta é unha ambición que, sen dúbida, pódea levar a grandes logros, porque o nivel de tenis que despregou en Wimbledon deixou xa patente que existe.
A gran actuación de Jéssica Bouzas sobre a herba londiniense serviulle para meterse por primeira vez na súa carreira no top 50 do ranking WTA.
Tras un breve descanso, a de Vilagarcía embarcarase agora nunha xira americana que arrancará o próximo mes de agosto e coa que buscará seguir subindo no escalafón mundial.