Sábado de festa atlética no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Pontevedra
08 de xuño 2018

Máis de 700 nenos e nenas daranse cita durante toda a xornada de sábado, este 9 de xuño, na instalación pontevedresa para disputar o Campionato Galego Sub-10, Sub-12 e Sub-14 de atletismo, un dos eventos máis numerosos de cuantos organiza cada ano a Federación Galega de Atletismo

Presentación do Campionato Galego Sub 10, Sub 12 e Sub 14 de Atletismo
Presentación do Campionato Galego Sub 10, Sub 12 e Sub 14 de Atletismo / Paula Sanmartín

Nin a auga que pode caer segundo as previsións meteorolóxicas poden amolar a que se prevé como "unha gran festa do atletismo" no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Así catalogou o evento na súa presentación o presidente da Federación  Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, en referencia ao Campionato Galego Sub-10, Sub-12 e Sub-14 que acollerá a instalación pontevedresa durante este sábado 9 de xuño.

Non en balde trátase dun dos eventos máis numerosos de cuantos organiza o ente federativo cada tempada, xa que reunirá 735 nenas e nenos durante preto de 8 horas de competición.

A actividade dará comezo ás 10:00 horas, con 4 horas seguidas de deporte que terán continuidade desde as 16:30 horas coa sesión de tarde,

"Estamos seguros que vai ser unha magnífica xornada de atletismo", asegurou á súa vez David Ferrer acompañado tamén pola concelleira de Deportes de Pontevedra,  Anxos Riveiro, e a presidenta da Sociedad Gimnástica, Charo Castro.