Sábado intensivo de natación en Rías do Sur con presenza de máis de 250 deportistas

Pontevedra
23 de outubro 2014

O Club Natación Galaico promove unha xornada de exaltación do seu deporte con competicións en varias das categorías inferiores

Categoría promesa na presentación do Club Natación Galaico 2014/2015
Categoría promesa na presentación do Club Natación Galaico 2014/2015 / CN Galaico

A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur en Ponte Muíños vivirá este sábado 25 de outubro unha intensa xornada deportiva organizada polo Club Natación Galaico.

O club pontevedrés congrerará a máis de 250 nadadores nas diferentes actividades, que arrincarán cun control de marcas para 60 deportistas do club pontevedrés e o Club Natación Ponteareas.

A sesión de tarde iniciarase co arranque da tempada para as categorías inferiores coa primeira xornada de Liga Promesas, na que participan 65 nadadores do propio Galaico, CN Ponteareas e CN Vilagarcía.

Á súa conclusión será a quenda as xornadas iniciais da liga benxamín e a liga alevín, con 70 e 60 nadadores respectivamente de Galaico, CN Ponteareas, CN Sanxenxo e CN Vilagarcía.