Saen Borja Domínguez e Pedro Vázquez, entra David Castro

Pontevedra
05 de marzo 2019

A derrota en Ponferrada deixou outra consecuencia para o Pontevedra, as sancións de Pedro Vázquez e Borja Domínguez ao ver a súa quinta cartolina da tempada. O recentemente chegado centrocampista cumpre ciclo tras participar en só 6 partidos de liga

Pedro Vázquez (esquerda) e Borja Domínguez (centro) nun adestramento do Pontevedra
Pedro Vázquez (esquerda) e Borja Domínguez (centro) nun adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

As sancións non dan tregua ao Pontevedra Club de Fútbol, que se afixo vez esta tempada para dispoñer en contadas ocasións de todo o seu plantel para unha xornada de liga, xa sexa por este motivo ou por lesión.

A derrota do pasado domingo en Ponferrada deixou como secuela deportiva dous novos 'castigados', ao ver a súa quinta tarxeta do curso que supón un encontro de sanción por acumulación de amoestacións. 

Trátase de Pedro Vázquez e de Borja Domínguez, dous dos tres amoestados en Ponferrada xunto a Víctor Vázquez 'Churre'.

Rechamante resulta o caso de Domínguez, e é que para ver 5 cartolinas o centrocampista vigués chegado no mercado invernal necesitou soamente 6 participacións, as catro últimas completando os 90 minutos de xogo. 

Ao cumprir estes dous futbolistas ciclo, só Mikel Arruabarrena quedaría agora mesmo ameazado a unha amoestación de ser sancionado.

No aspecto positivo aínda que Luismi perde a dous homes que foron titulares nos últimos encontros, recuperará ante o Burgos a unha das pezas que máis utilizou durante o curso, David Castro, tras cumprir castigo na última xornada.