Samieira acolleu a estrea da tempada na Copa Galicia de BTT

Poio
15 de abril 2018

Samuel González (Salvaterra) é o primeiro líder da clasificación elite e sub-23 da Copa Galicia da especialidade tras impoñerse este sábado no X Open XCO Concello de Poio

X Open BTT Concello de Poio Diego Torrado

A Copa Galicia de BTT na modalidade de Cross Country Olímpico (XCO) levantou o pano este sábado co X Open XCO Concello de Poio.

Máis dun cento de ciclistas tomaron parte na proba, organizada polo Club Ciclismo Tríatlon Poio nun renovado circuíto, en Samieira.

Samuel González (Salvaterra) pasa a ser o primeiro líder do certamen ao resutar vencedor na categoría élite e sub-23, con 3:17 minutos de vantaxe sobre Jorge Punzón (Prebetong) e 4:53 sobre Daniel Rodríguez (Marcisport), segundo e terceiro na clasificación.

O Open contou ademais con carreiras nas categorías cadete, júnior e máster.

Consulta aquí as clasificacións completas do X Open XCO Concello de Poio.