Samuel Gómez e o Teucro, unha negociación que durou "cinco minutos"

Pontevedra
26 de agosto 2015

O Teucro presenta oficialmente o pivote andaluz, que se declara "a gusto desde el primer minuto" en Pontevedra e ilusionado pola oportunidade de debutar na máxima categoría

Presentación de Samuel Gómez, novo xogador do Teucro
Presentación de Samuel Gómez, novo xogador do Teucro / Mónica Patxot

"En cinco minutos estábamos de acuerdo". Con estas palabras explicou Quique Domínguez a rapidez na negociación con Samuel Gómez, última fichaxe do Teucro que foi presentado oficialmente este mércores.

Samu, pivote andaluz de 19 anos que procede do Cajasur Córdoba de Primeira Nacional, recoñeceu chegar a Pontevedra "ilusionado" coa oportunidade de deburtar na máxima categoría.

Supón un salto importante e un reto que afronta coa intención de "disfrutar con la experiencia y ayudar al equipo".

Incorporouse aos adestramentos o luns, aínda que chegou á cidade con antelación ao previsto, o sábado, e asegura sentirse a gusto coa acollida dos seus compañeiros: "el vestuario se ha portado muy bien conmigo", sinalou.

Pola súa banda Quique Domínguez augurou un "gran futuro" ao xogador, pero entende que "hay que darle tiempo, es un jugador de 19 años" que chega ao club azul "para sumar".

Samuel Gómez asinou por dúas tempadas co Teucro, que coa súa incorporación dá por pechado definitivamente o equipo.