San Patricio tamén se celebra no campo

Pontevedra
16 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Ademais de gastronomía e música no centro do Pontevedra, a celebración de San Patricio contou coa súa parte deportiva co partido amigable disputado entre o M16 do Mareantes e o Ñandú RC Tenerife no campo de Monte Porreiro  

Amigable entre o M16 do Mareantes e o Ñandú RC
Amigable entre o M16 do Mareantes e o Ñandú RC /

Pontevedra contaxiouse un ano máis da celebración de San Patricio co festival organizado polo Mareantes Rugby Club na Praza de España.

A cita contou coa súa parte deportiva co partido amigable disputado entre o M16 do Mareantes e o Ñandú RC Tenerife no campo de Monte Porreiro desde as 14:00 horas.

A celebración continúa durante este sábado na carpa da Praza de España, onde se unirá gastronomía e música da man de Movilla y los irrepetibles (20.00 horas) e Gin Tonis (22.00 horas).

Pola carpa tamén pasaron ao longo da semana o Colectivo Tabú, Tabernarios, B&N, Mad Martin e D'Crooners.