Santi Picallo, ante a fase de ascenso do Cisne: "Esperemos que la gente responda"

Pontevedra
13 de maio 2015

O Cisne comeza a vender os abonos da fase de ascenso a División de Honra Prata, na que se estrea este venres no Pavillón Municipal dos Deportes ante o PAN Moguer

Venda de abonos para a fase de ascenso do Cisne á División de Honra Prata
Venda de abonos para a fase de ascenso do Cisne á División de Honra Prata / Daniel Santomé

Achégase o momento da verdade e a ilusión crece no Club Cisne Balonmán, que dende o venres afronta a fase de ascenso á División de Honra Prata.

O club pontevedrés comezou a despachar os abonos da competición, ampliando o prezo bonificado (20 euros) a calquera xogador federado na Federación Galega.

"El equipo está con muchísimas ganas", recoñece Santi Picallo, presidente da entidade.

A competición inaugurarase no Pavillón Municipal dos Deportes o venres ás 18:00 horas co Elda-Carabanchel, debuntando o Cisne ás 20:00 horas ante o PAN Moguer. O sábado os pontevedreses enfrontaranse ás 18:00 horas ante o Carabanchel e o domingo pecharán a fase de ascenso ante o Elda ás 12:30 horas.

Catro equipos por un posto na segunda categoría nacional e o "hándicap de no jugar en el Estadio", explica Picallo, "pero esperamos que la gente responda".

Carlos Rodríguez, cun golpe nunha man, é a única dúbida para Edín Covelo, pero espérase que non teña problema para participar na competición sendo a única baixa cineísta Dani Puente, lesionado de longa duración.

As entradas e aboamentos poden retirarse anticipadamente no Pavillón Municipal dos Deportes 12:30 a 14.00 horas e de 17:30 a 20:30 horas.