Santiago Sánchez queds sen o bronce na última xornada do Europeo de Loita

Pontevedra
09 de xuño 2019

Ao redor de 800 deportistas procedentes de 37 países pasaron estos días por Pontevedra para tomar parte na competición europea de categoría júnior

Derradeira xornada do Europeo Júnior de Loitas Olímpicas disputado en Pontevedra
Derradeira xornada do Europeo Júnior de Loitas Olímpicas disputado en Pontevedra / Diego Torrado

O Campionato Europeo Júnior de Loitas Olímpicas chegou á súa fin este domingo. A cita, que comezou o pasado luns e alongouse ata esta fin de semana, desenvolveuse no Pavillón Municipal de Pontevedra e recibiu a ao redor de 800 deportistas procedentes de 37 países diferentes.

Os loitadores competiron nas diferentes modalidades (freestyle e grecoromano) en 57, 61, 65, 70, 74, 79, 86, 92, 97 e 125 quilogramos, no caso dos homes, e 50, 53, 55, 57, 59, 62, 65, 68, 72 e 76 quilos, no das mulleres. 

Nesta ocasión, o galego Santiago Sánchez, que conseguiu optar o sábado á repesca para o bronce en 86 quilos, quedou ás portas ao perder, na última xornada, ante o sueco Mohammad Sardar por un 10-0. Tiña moitas posibilidades, pero, finalmente, non puido co inmellorable traballo do seu rival no tapiz.

Así, conclúen sete intensos días de competición, que converteron a Pontevedra no centro do deporte europeo.

Consulta os resultados da última xornada de competición.