Sanxenxo abre o prazo de inscrición para a súa XXI Milla Urbana

Sanxenxo
04 de agosto 2021

O paseo de Silgar converterase nunha improvisada pista de atletismo o día 29 de agosto

XVI Milla Urbana de Sanxenxo Diego Torrado

O Paseo de Silgar acollerá o próximo 29 de agosto a XXI Milla Vila de Sanxenxo. A proba transcorrerá, como é habitual, no tramo do paseo entre a Avenida Luís Rocafort e Luís Vidal Rocha.

Como cada ano a proba está federada e a inscrición será gratuíta. Os interesados en participar poderán inscribirse antes do 26 de agosto na web championchipnorte.com.

Os participantes agruparanse en diferentes categorías en función do seu ano de nacemento para percorrer 200, 400 ou 800 metros e, a partir da categoría xuvenil, serán os 1.609 metros da milla. 

En canto aos premios, o primeiro clasificado recibirá un trofeo e os segundos e terceiros, unha medalla. Na categoría Milla Concello de Sanxenxo haberá premio en metálico cun total de 1.950 euros, a repartir entre o primeiro e quinto clasificado das categorías masculina e feminina.

A inscrición na cita é gratuíta e xa hai un total de 22 persoas anotadas.