O Concello de Sanxenxo instalará unha pantalla xigante para presenciar o vindeiro domingo 20 de agosto (12.00 horas), a final do Campionato do Mundo Absoluto de Fútbol que xogará España contra a selección de Inglaterra.
Segundo confirmou o goberno local, que se une ás propostas avanzadas por Poio (Praza da Chousa de Combarro) e Pontevedra (Praza da Ferrería), a pantalla instalarase na Praza Fonte de Ramos.
"Queremos apoiar á nosa selección española feminina nesta xesta deportiva", sinala o alcalde Telmo Martín animando a sumarse á cita para dar folgos á pontevedresa Teresa Abelleira, unha das grandes protagonistas do combinado nacional no Mundial.
Ademais da propia pantalla, o recinto contará con 150 cadeiras para poder seguir o encontro deportivo de forma o máis cómoda posible.