Poio e Sanxenxo gozarán este mes de abril da Selección Española Sub-19 Feminina de Fútbol sala.
A Real Federación Española de Fútbol confirmou aos pavillóns de Baltar en Portonovo e A Seca en Poio como sede dos dous amigables que o combinado nacional sub-19 disputará os días 21 e 22 de abril.
Os dous encontros de preparación terán como rival de Portugal.
O primeiro dos partidos, o 21 de abril ás 19.00 horas, disputarase en Portonovo, e un día despois á mesma hora (22 de abril ás 19.00 horas) será a quenda do Municipal da Seca.
O seleccionador sub-19 feminino de fútbol sala, Iñigo Martínez, fixo oficial xa a convocatoria para estes amigables, citando a 14 futbolistas.