O Marín Peixe Galego traballa pensando no seu retorno á liga LEB Prata, e empeza a dar pasos na planificación do plantel.
Primeiro foi asegurar a continuidade de Javi Llorente no banco, algo que sucederá cun proxecto a longo prazo, e despois chegou a renovación do sueco Víctor Holmberg.
Agora o club da Raña confirmou o seu segundo movemento relativo aos xogadores que conseguiron o ascenso anunciado un acordo con Jacobo de Benito.
O base ourensán seguirá no Peixe Galego compaxinando o deporte coa súa actividade na Brigada de Infantería Lixeira Aereotransportable (BRILAT), na que ten o seu posto de traballo.
Ademais o acordo entre o xogador e o club contempla que Jacobo pase a integrarse no equipo técnico dos equipos de formación.