Segundo triunfo do ano para Jéssica Bouzas, que gaña o torneo W15 de Palmanova

O Salnés
27 de marzo 2022

Jessica Bouzas está en racha. A tenista de Vilagarcía logrou este domingo o seu segundo título da tempada. Gañou a final do torneo W15 de Palmanova, en Mallorca. Fíxoo tras derrotar á cabeza de serie número 1 deste campionato, a tamén española Yvone Cavalle-Reimers

Jessica Bouzas xunto a Carlos López, gañador masculino do W15 de Palmanova
Jessica Bouzas xunto a Carlos López, gañador masculino do W15 de Palmanova / Vilas Tennis Academy

Jessica Bouzas está en racha. A tenista de Vilagarcía logrou este domingo o seu segundo título da tempada. Gañou a final do torneo W15 de Palmanova, en Mallorca.

Fíxoo tras derrotar á cabeza de serie número 1 deste campionato, a tamén española Yvone Cavalle-Reimers, á que apenas deu opción sobre a pista.

Bouzas, a segunda favorita ao triunfo final, impúxose por un contundente 6-4 e 6-1.

No seu camiño á final deste torneo sobre terra batida, a tenista galega impúxose en primeira rolda á eslovena Veronika Erjavec (6-3 e 6-4).

Logo chegaron os seus triunfos sobre a italiana Maria Vittoria Viviani (6-1 e 6-3), a española Lucía Cortez Llorca (6-4 e 7-6) e, xa en semifinais, ante a tamén española Guiomar Maristany Zuleta De Reale, a única que lle gañou un set (0-6, 6-2 e 6-1).

Tras este triunfo, Jessica Bouzas ascenderá ata o posto 330 da clasificación WTA, o seu mellor resultado ata a data.