Segundo triunfo da tempada para o Arxil, ao gañar a domicilio o Manresa

Pontevedra
09 de novembro 2025
Actualizado: 22:49

O conxunto pontevedrés colle aire na clasificación da Liga Feminina 2 tras o seu triunfo en terras catalás, no que era o seu segundo encontro da fin de semana

Partido entre Arxil e Barakaldo no CGTD Cristina Saiz

Unha semana despois de lograr estrear o seu marcador de vitorias na Liga Feminina 2, o Club Baloncesto arxil volveu a sonreir este domingo ao imporse na cancha do Manresa CBF nun apertado partido (49-53).

As pontevedresas afrontaban o seu segundo partido en poucas horas en terras catalás, tras caer o venres contra o Mataró (64-49) en duelo adiantado. Unha de cal e outra de area.

No caso do choque contra o Manresa, comezou cun primeiro cuarto igualado (17-17) antes dun segundo parcial un tanto atípico.

O Arxil deixou ao seu rival en só 2 puntos nese cuarto, e aínda que só anotou 7 foi suficiente para empezar a mandar no marcador.

O Manresa reaccionou para chegar aos 10 minutos decisivos con todo no aire (35-38), pero as xogadoras adestradas por Marita Janeiro levaron o gato á auga ao ser mellores nos momentos decisivos.

Ana Carlota Faussurier (14 puntos) e Marta Maestro (13) sostiveron ofensivamente o Arxil.

Con este resulatdo o conxunto pontevedrés pega un salto até a novena posición do seu grupo.

Consulta aquí as estatísticas do partido.