Seis puntos menos para o Racing de Santander por unha sanción da FIFA?

Pontevedra
30 de setembro 2015

O máximo organismo internacional pretende sancionar ao Real Racing, rival do Pontevedra no Grupo I de Segunda B, pola débeda que mantén con Panathinaikos grego por unha fichaxe do ano 2009, segundo informa o Diario Marca  

Futbolistas do Real Racing Club ao finalizar un encontro da presente tempada
Futbolistas do Real Racing Club ao finalizar un encontro da presente tempada

A competición no Grupo I da Segunda División B, no que milita o Pontevedra, pode verse alterada pola acción que pretende levar a cabo a FIFA contra o Real Racing Club.

Segundo desvela Sergio Fernández no Diario Marca, o máximo organismo internacional ten decidido sancionar ao club cántabro coa perda de seis puntos pola débeda que mantén co Panathinaikos grego desde 2009, a causa da fichaxe do central sudafricano Nasief Morris.

Ese traspaso roldou os 150.000 euros, pero a cantidade adebedada na actualidade roldaría os 75.000 euros.

O caso é similar ao que a pasada tempada terminou coa perda de tres puntos para o Almería, que terminou descendendo de Primeira a Segunda División.

O Racing marcha actualmente na novena praza do grupo con oito puntos, polo que de perder seis situaríase con só dous, por baixo do Pontevedra de xeito provisional.

O club santanderino pedirá asesoría á Real Federación Española de Fútbol, segundo Marca, ao entender que se trata dunha débeda previa ao concurso de acreedores polo que atravesou a entidade.