Seis reforzos para un equipo masculino da Gimnástica que perde o internacional Iñaki Cañal

Pontevedra
03 de xaneiro 2023

O equipo masculino pontevedrés contará con seis caras novas para unha tempada na que volverá competir na División de Honra co obxectivo de manterse sen apuros na máxima categoría do ateltismo nacional

Iñaki Cañal, atleta da Gimnástica, no 4x400 do europeo de atletismo Múnic 2022
Iñaki Cañal, atleta da Gimnástica, no 4x400 do europeo de atletismo Múnic 2022 / Real Federación Española de Atletismo

Renovación no equipo masculino da Sociedad Gimnástica para frontar un novo curso na División de Honra.

O conxunto pontevedrés anunciou seis saídas e outras tantas chegadas para unha tempada na que buscará un ano máis a súa permanencia na máxima categoría do atletismo nacional.

No apartado de baixas destaca a perda tras catro campañas do velocista internacional Iñaki Cañal, que se vinculou coas potente Playas de Castellón. Ademais tampouco seguirá o fondista Manuel Hurtado, que se retira da competición federada, así como Jaime Cañas en marcha e Javier Andrés e Alberto Moral nos obstáculos. Completa as despedidas Sergio Sanabria nos concursos debido a unha grave lesión.

Para encher estes ocos, a Gimnástica confirmou seis altas, empezando con Juan Piñeiro en salto de lonxitude, un atleta procedente do Vila de Cangas que conta cunha mellor marca persoal de 7,18 metros. 

Alfonso García, procedente do Suco Lucena, incorpórase para ao salto de altura cun rexistro de 2,06 metros, mentres que Darío Ortega (Atletismo Alcorcón), vixente campión madrileño sub-23 baixo teito, será o encargado de substituír a Iñaki Cañal nos 400 metros lisos cun mellor tempo acreditado de 48.29 segundos. Na mesma distancia pero en valos súmase tamén á Gimnástica o atleta Diego Suárez, nova promesa procedente do Gijón Atletismo.

Pedro García reforzará as probas de obstáculos, e por último o canario David Reyes fará o propio coa marcha como vixente campión da súa comunidade nos 10 quilómetros en pista.