A canteira do fútbol sala pontevedrés acapara a atención dos técnicos da Real Federación Española de Fútbol.
Así se reflicte na convocatoria que este venres 9 de maio fixo pública a Selección Española Sub-15 Feminina.
O seleccionador, Íñigo Martínez, incluíu na súa lista a unha xogadora do Poio Pescamar e a outra do CD La Peña.
Trátase no primeiro caso da gardameta Sofía Martínez, e no segundo da 'ala' Noa González.
Ambas as dúas forman parte da convocatoria de 20 xogadoras que afrontarán unha concentración de preparación en Las Rozas do 25 ao 28 de maio.
En concreto está previsto que completen catro sesións de adestramento e que disputen un encontro amistoso coa Selección Española Sub-15.
Unha gran experiencia para Sofía e Noa, que compartirán convocatoria con dúas futbolistas galegas máis, Alma Reiriz e Rocío González (Viaxes Amarelle).
🚨 Iɴ̃ɪɢᴏ Mᴀʀᴛɪ́ɴᴇᴢ ᴅᴀ ʟᴀ ʟɪsᴛᴀ ᴅᴇ ʟᴀ sᴜʙ-15 ꜰᴇᴍᴇɴɪɴᴀ
— Futsal RFEF (@FutSalRFEF) May 9, 2025
➡️ Las jornadas de entrenamiento se desarrollarán del 25 al 28 de mayo en Las Rozas
🔗 https://t.co/WED7AxOFGf#FutsalEspaña#NuestraBasepic.twitter.com/iybPM5jX4X