Xaneiro preséntase como un mes clave para o Club Baloncesto Arxil no seu obxectivo de salvar a tempada e a categoría na Liga Feminina 2.
O conxunto pontevedrés apenas descansou nas festas do Nadal, do 22 ao 27 de decembro, para preparar a conciencia o regreso da competición, pero fíxoo salvando a dificultade que comporta a falta de horas de pista no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ( CGTD).
As verdes víronse obrigadas a peregrinar por diferentes pavillóns, ata 4, durante as últimas semanas. Así, ademais do propio CGTD o Arxil traballou no Pavillón Universitario de Pontevedra e desprazouse a Marín para utilizar as pistas da Raña e O Sequelo.
Foi tempo para integrar á última fichaxe do equipo, a británica Chantelle Pressley, nos esquemas de Mayte Méndez ou para corrixir erros no resto de xogadoras, para o que se programou un encontro amigable ante o Xuven de Cambados.
En canto á Liga Feminina 2, a competición reanudarase cun encontro vital para o Arxil, visitando a pista do último clasificado, o Cerdanyola (sábado, 18:30 horas), nun duelo que tras o triunfo na última xornada do ano pode supoñer en caso de vitoria abandonar os postos de descenso.
Despois desta xornada as pontevedresas xogarán de novo a domicilio ante o Mataró (7º clasificado) para afrontar despois dúas xornadas consecutivas na casa con senllos derbis ante Celta (1º) e Cortegada (9º).