Sergio Moreira despídese do Pontevedra despois de 12 anos: "Espero que a porta desta casa (que é a miña) sempre quede aberta"

Pontevedra
08 de xuño 2023

O preparador, que exercía esta campaña como segundo adestrador do primeiro equipo ata que Toni relegouno das súas funcións a finais de xaneiro, decidiu poñer fin á súa etapa no club granate, ao que agradece a confianza mostrada ao longo dos últimos anos

Sergio Moreira e Álex Salgado dirixen o primeiro adestramento do Pontevedra despois do cese de Antonio Fernández
Sergio Moreira e Álex Salgado dirixen o primeiro adestramento do Pontevedra despois do cese de Antonio Fernández / Mónica Patxot

Nova saída no Pontevedra Club de Fútbol, esta vez na parte técnica e dun home da casa.

Sergio Moreira anunciou este xoves o seu adeus ao club granate despois de 12 anos de traballo en diferentes postos do staff técnico. Moreira comezou esta última camnpaña como segundo adestrador do primeiro equipo, ata que Toni Otero tomou a decisión de prescindir del e relegalo a outras funcións cando asumiu o banco de Pasarón.

"Gustaríame agradecer a todas esas persoas, que son moitas, as que fixeron posible un dos meus soños: chegar ao equipo da miña cidade e do que fun seguidor desde que teño uso de razón. O que este club formase parte do meu día a día na miña vida foi, é e será sempre un soño cumprido", explicou Moreira nun comunicado difundido a través das súas redes sociais.

O preparador non escapa de "asumir responsabilidade en cada unha das decisións tomadas durante esta tempada ou as anteriores e que non axudasen para que este gran club alcanzase as metas que buscabamos", pero prefire quedar cos "todos os grandes e máxicos momentos que vivín neste club, como o ascenso  a Primeira RFEF, o ascenso tamén do filial a Preferente , o título coseguido na Copa Deputación, ou os logros cos equipos cadete e xuvenil.

Sergio Moreira agradece ademais no seu comunicado á presidenta Lupe Murillo "por depositar sempre a confianza en min desde o primeiro momento", e tamén "a todos eses xogadores aos que tiven o pracer de adestrar".

Por último o adestrador pontevedrés conclúe afirmando que "desde hoxe serei un seguidor máis" e esperando "que a porta desta casa (que é a miña) sempre quede aberta".